SOMOS
MILLO
Millo é un estudo de produción audiovisual do Noroeste da península ibérica. Creamos Millo, despois de anos de traxectoria no ambente local e internacional, co convencimento de que a calidade e o bo, ó final, ten un envase pequeno. Volvemos a casa porque queremos traballar de ti a ti con cada proxecto. Non estamos interesados en medrar, senón en atopar esos traballos que nos fagan grandes.
Sabemos que podemos axudarte porque nos gusta o que facemos, así que, imos falar e empezar esa historia que contar.

Qué facemos
Axudamos a que boas ideas cobren forma. Isto é o que podemos facer por ti:
A nosa fórmula
-
Ti decides o contacto
Falas directamente con quenes facemos o traballo.
-
Adaptámonos ó tamaño
Dende pezas íntimas ata producions complexas.
-
Mesmo estándar sempre
Xa sexa unha peza pequena a unha publicidade máis elaborada.
traballamos con
-
01.
Productoras que necesitan reforzo no noroeste.
-
02.
Axencias que necesitan produción.
-
03.
Directamente con clientes e as súas ideas.
O noso proceso

01. Facémonos coa Idea
Encántanos esos primeiros cafés (reales ou virtuais) Onde descobrimos cómo traballar xuntos. Charlamos tranquilos pero con atención ó detalle, porque sabemos que un bo comezo marca o ritmo de todo o proxecto.
Conversación inicial
Definición de obxectivos
Investigación creativa
Planificación realista – Budget + calendario axustado

02. rodar coa cabeza
Cando chega o momento de gravar, xa nos entendemos. Traballamos con naturalidade, coidando cada detalle sen perder a frescura. O ambiente no set é sempre profesional pero distendido.
Equipo especializado
Iluminación ideal
Comunicación
Flexibilidade creativa

03. volvelo real
Transformamos o material en historias con verdade. Editamos con ollo narrativo e entregamos a primeira versión nos plazos pactados. Dúas rondas de axustes para perfeccionar detalles clave, sen bucles infinitos. Exportamos en tódolos formatos que necesites: dende 4K e optimización para redes sociais a formatos de impresión cando proceda
Edición narrativa
2 revisións incluídas
Exportación multiple-formato
Asesoría opcional: Estratexia de difusión
